martes, 13 de enero de 2026

Cronica

O Pasado dia 21 de setembro os compañeiros de Paso Miúdo retomamos as andainas despois do parón estival.
Desta vez decidimos facer unha ruta dende a playa de Portocelo ata a Playa de Esteiro por unha nova ruta deseñada polo concello de Xove.
Saímos dende o porto de Portocelo ascendendo por unha estrada asfaltada ata chegar a Ermida de San Tirso na cal neste momento están con escavacións, subimos por un camiño empedrado ata a Pena Sombreireira deixando o mar ao fondo pasando polos miradoiros de Nacente e de Poñente.
Collemos un desvio a dereita que nos leva ata Pena Cabaleira e dende aquí ata o faro de Roncadoiro onde sacamos algunha foto aínda que o tempo non axuda
. Dende o faro seguimos a nosa ruta bordeando ao carón do mar facendo subidas e baixadas como un tobogán .
Primeiro descenso ata a praia de Coido e dende aquí ascensión ata Pico Coido para logo volver a baixar ata Praia Reboira para logo volver a subir ao miradoiro de Antimil dende o cal volvemos a descender ata a praia de Muiñelo para seguir ata a praia de Esteiro que sería onde rematamos a ruta.
O Vindeiro mes seguimos en Xove na cal faremos a ruta de Os Muíños


Powered by Wikiloc